Novas

Venres, Xullo 03, 2026

"Prevención e protección. Dálle a volta ás cifras"

imaxe campaña Prevención e protección. Dálle a volta ás cifras

Santiago de Compostela,   02 de xullo de 2026

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), presenta a campaña "Prevención e protección. Dálle a volta ás cifras", impulsada pola Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST) no marco da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2023-2027. A iniciativa busca reducir os accidentes por envorco de tractor, unha das principais causas de sinistralidade mortal no sector agrario e da continuidade a outras campañas realizadas recentemente polo Issga para afianzar a cultura da seguridade no noso medio rural. 
A campaña foi elaborada por un grupo de traballo técnico configurado por especialistas en prevención de riscos laborais de varios organismos das CCAA e do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST) .
O Issga, que tivo presenza técnica a través de Ángel López Álvarez, difundirá o material da campaña entre o  persoal técnico en PRL e  as entidades e os profesionais do sector agrario e forestal galego, que son  actividades importantes en Galicia  ás que se quere facer chegar  mensaxes preventivas para unha real e efectiva seguridade e así reducir os accidentes laborais derivados do manexo do tractor.

Baixo o lema "Prevención e protección. Dálle a volta ás cifras", a iniciativa promove a utilización tractores equipados con estrutura de protección fronte ao envorco (ROPS) e cinto de seguridade, medidas fundamentais para traballar con seguridade.


Esta campaña reforza o traballo que o Issga vén desenvolvendo desde hai anos para fomentar o uso seguro do tractor mediante campañas de sensibilización, accións formativas e materiais divulgativos, entre elas a campaña “Prevención de riscos no manexo do tractor” e “A túa vida sen voltas”, co obxectivo de reducir a sinistralidade asociada ao envorco deste tipo de maquinaria e consolidar unha maior cultura preventiva no sector agrario galego.
Para iso elaboráronse diversos materiais divulgativos, entre os que destacan vídeos con testemuños reais, carteis para redes sociais, fichas informativas sobre os riscos e a súa prevención, información sobre as estruturas de protección homologadas (ROPS) e as axudas dispoñibles para a súa instalación ou para a renovación de tractores. Tamén se actualizou o folleto técnico "A túa vida, sen vuelcos", con recomendacións prácticas para unha condución máis segura.


Os materiais da campaña difundiranse na web e  outros canais de comunicación do Issga, e además poden consultarse na páxina web do INSST.

Enlace da campaña “Prevención y protección. Vuelca las cifras”