Novas

Xoves, Setembro 24, 2026

Preto de 200 persoas participan no webinar do Issga sobre prevención no traballo a distancia e teletraballo

foto da xornada

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2026

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), celebrou onte, en colaboración con asepeyo, un webinar sobre a prevención de riscos no traballo a distancia e teletraballo. A xornada centrouse nos principais riscos asociados a estas modalidades de organización do traballo e nas medidas preventivas para favorecer unhas condicións de traballo seguras e saudables tamén fóra das instalacións da empresa.
Durante a sesión abordáronse cuestións como a ergonomía e os trastornos musculoesqueléticos, a fatiga visual, os riscos psicosociais, o tecnoestrés, a organización do tempo de traballo e a desconexión dixital. As persoas asistentes puideron coñecer pautas prácticas para mellorar a organización da actividade e integrar o teletraballo na xestión preventiva.
O webinar contou cunha ampla participación no coloquio final, no que se formularon preguntas e se intercambiaron experiencias sobre os riscos asociados ao traballo a distancia.
Con esta actividade, o Issga continúa promovendo a integración da prevención nos novos escenarios de traballo e facilitando coñecementos e ferramentas para a adecuada xestión dos riscos laborais.