Novas

Xoves, Marzo 01, 2018

Potenciamos a formación en prevención de riscos laborais en Becerreá

Becerreá (Lugo), 1 de marzo de 2018.- Esta xornada tivo un contido teórico e práctico sobre primeiros auxilios e estivo destinada a uns 35 alumnos do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Becerreá.

A relatora da dita xornada foi María García Díaz, técnica de prevención e especialista en enfermería do traballo do Centro ISSGA de Lugo, que fixo a súa exposición dende as 11.00 ata as 14.00 horas.

Tal e como se recolle no Plan de actividades 2018 do ISSGA, unha das funcións máis importantes do Issga é a de colaborar coa autoridade educativa, a universidade e os centros de investigación para implantar en todos os ciclos e niveis formativos programas educativos de prevención de riscos laborais.

Deste xeito, o ISSGA apoia e colabora cos organismos competentes para a integración da educación en saúde laboral e prevención de riscos no ámbito escolar e prelaboral.

O ISSGA desenvolve actividades que teñen por finalidade mellorar a información, sensibilización e formación no eido da prevención de riscos laborais na poboación escolar nos diferentes niveis educativos da educación primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional, e o apoio técnico ao profesorado.