luns, Abril 18, 2022

Plan Nacional de Sensibilización en seguridade e saúde para o sector pesqueiro

Plan Nacional de Sensibilización en seguridade e saúde para o sector pesqueiro

O Plan Nacional de Sensibilización en Seguridade e Saúde para o Sector Pesqueiro xorde no seo do Grupo de Traballo Sector Marítimo Pesqueiro (SMP) da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST), do que forma parte o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA).

O seu obxectivo é aumentar aconcienciación das persoas que traballan no sector pesqueiro acerca da importancia da seguridade marítima e da seguridade e saúde no traballo co fin de reducir a sinistralidade.

Elevada sinistralidade

A pesca foi e segue sendo unha das actividades económicas con maiores taxas de sinistralidade laboral.

As cifras de accidentes mantéñense invariables desde fai máis dunha década, a pesar dos esforzos de todo o sector por mellorar as condicións de seguridade e saúde a bordo.

As caídas por tropezos e esvaróns, xunto cos sobreesfuerzos e os choques ou golpes contra obxectos son os accidentes máis frecuentes, sendo os afogamentos e os atrapamentos e choques con elementos en tensión os que conlevan as consecuencias máis graves.

Máis información no cartel A sinistralidade no sector pesqueiro - INSST 2020

Descrición do plan de sensibilización

A Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, a proposta do Grupo de Traballo Sector Marítimo Pesqueiro (SMP), aprobou desenvolver un Plan Nacional de Sensibilización en Seguridade e Saúde no Traballo para o Sector Pesqueiro.

O obxectivo do plan é incrementar a concienciación dos traballadores e as traballadoras da pesca na importancia da seguridade marítima e da seguridade e saúde no traballo, co obxectivo de apoiar a mellora das condicións de seguridade e saúde laboral desta poboación traballadora e, polo tanto, incidir no curto-medio prazo nunha baixada das cifras de sinistralidade.

O Plan diríxese a todas de persoas que desenvolven o seu labor a bordo de buques de pesca de calquera modalidade, sendo moi importante tamén a participación dos armadores e persoal de mando.

Para iso, os órganos técnicos en materia de prevención de riscos laborais das comunidades autónomas costeiras, coa colaboración de todos os membros do Grupo de Traballo SMP, están a entregar os materiais de sensibilización elaborados para o Plan ás tripulacións das frotas nos distintos portos. Desta maneira preténdese chegar aos destinatarios finais: case 38.000 persoas traballadoras do sector en España.

 “Unha das características máis interesantes deste plan é a entrega personalizada do material de sensibilización ás tripulacións, destinatarios finais”

Elaboráronse materiais de sensibilización preventiva relacionados cos riscos máis frecuentes existentes no sector nas principais artes de pesca, o bo uso dos medios de salvamento e socorro existentes nos buques e a utilización correcta dos dispositivos contraincendios. Ademais, están a distribuírse materiais publicitarios co lema e logotipo do Plan. Todos os materiais están dispoñibles no espazo web da campaña https://www.insst.es/la-seguridade-salvavidas

Ademais, durante tres semanas (do 19 de abril ao 9 de maio) desenvolveranse accións de difusión convencionais a través da colocación de carteis divulgativos en portos, lonxas e confrarías e unha estratexia de comunicación a través de publicacións na internet e redes sociais do INSST.

Estas accións van dirixidas a reforzar o contido dos materiais entregados ás tripulacións e persoal de mando e chegar outros axentes implicados como armadores, servizos de prevención, confrarías, axentes sociais, etc.

Ligazóns de interese

Máis información da campaña