Xoves, Setembro 26, 2024
Personal técnico do ISSGA mellora a súa formación sobre amianto
Noia, 26 de setembro de 2024. Os traballos con amianto deben levar a cabo de maneira que non se poña en risco aos traballadores e traballadoras nin a outras persoas e tampouco se xeren riscos para o medio ambiente. As obras de demolición ou de retirada de amianto deben ser executadas por empresas que coñezan todas as precaucións que se deben tomar.
A autorización para realizar un traballo implica ter un plan de traballo aprobado pola autoridade laboral, para tramitar a aprobación de plans de traballo será necesario previamente inscribirse no Rexistro de Empresas con Risco por Amianto (RERA).
O persoal técnico do ISSGA visitou as instalacións de AGMA, SL, empresa galega experta na fabricación de unidades de descontaminación, centrándose nos diferentes modelos destas unidades descontaminación de amianto así como as innovadoras unidades de descontaminación para sílice cristalina. Ademais destas, coñeceron outras especialidades, como son os armarios de desinfección e os de secado rápido, unidades de presión positiva, aspiradores clase H, etc. Conscientes de que un uso axeitado das unidades de descontaminación é clave para garantir a seguridade e saúde dos traballadores, esta visita permitiralles ao persoal técnico do do ISSGA profundizar nos requisitos técnicos e de utilización destas.
A proposta de formación interna do Instituto vai ligada ás actuacións que se desenvolven nas distintas áreas preventivas, cun carácter interdisciplinar e tendo en conta as demandas do persoal técnico.