Mércores, Xuño 26, 2013
Persoal técnico do ISSGA imparte un curso sobre riscos no persoal de laboratorio destinado ao profesorado de Formación Profesional da familia de sanidade.
O 26 e 27 de xuño desenvólvese en Santiago o curso "A prevención de riscos laborais nos traballos de laboratorio: manipulación de produtos químicos e biolóxicos".
Será impartido por Lucía Ferrón Vidán, xefa de Sección de Hixiene Industrial do ISSGA. Ademais de abordarse nel cuestións de gran interese para o profesorado, proporcionarase material e fontes de información de utilidade para a integración da prevención como materia transversal nestas ensinanzas.
O curso é organizado e xestionado polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e enmárcase no Plan de formación 2013-2014 para profesorado de FP e ensinanzas especiais.