Novas

Mércores, Febreiro 07, 2018

Participamos nunha xuntanza no INSSBT sobre maquinaria agrícola

Madrid, 7 de febreiro de 2017. Ángel López Álvarez, xefe do Centro do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral de Ourense participou hoxe xuntanza do subgrupo de Traballo Maquinaria Agrícola, do que é coordinador, que ten lugar na sede do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Trabalo (INSHT) en Madrid.

Os principais temas que se trataron foron:

  • informe sobre normativa para equipar de cinturóns de seguridade aos tractores
  • propuesta de tema de campaña de sensibilización sobre envorcamento do tractor

A formación do subgrupo de Maquinaria agrícola obedece ao obxectivo de estudar diversos temas de relevancia na prevención de riscos no sector agrario; deste xeito, incorporáronse aos diferentes subgrupos especialistas en cada un dos temas.