Mércores, Xuño 28, 2017
Participamos nunha xuntanza no INSHT sobre maquinaria agrícola
Madrid, 28 de xuño de 2017. Ángel López Álvarez, xefe do Centro do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral de Ourense participa esta mañá nunha xuntanza do subgrupo de Traballo Maquinaria Agrícola, do que é coordinador, que ten lugar na sede do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Trabalo (INSHT) en Madrid.
Os principais temas que se tratarán son:
- Conclusións sobre ancoraxes de cintos de seguridade en tractores
- Información sobre reunión da OCDE en Madrid
- Información sobre Grupo Europeo de Vixilancia do Mercado para maquinaria agrícola (ADCO)
A formación do subgrupo de Maquinaria agrícola obedece ao obxectivo de estudar diversos temas de relevancia na prevención de riscos no sector agrario; deste xeito, incorporáronse aos diferentes subgrupos especialistas en cada un dos temas.