Novas

Martes, Decembro 14, 2021

Participamos nunha xornada técnica sobre seguridade e saúde laboral en eventos culturais

Participamos nunha xornada técnica sobre seguridade e saúde laboral en eventos culturais

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2021. Pablo García Fernández, técnico de seguridade e saúde laboral do centro ISSGA_Pontevedra foi o encargado de realizar unha exposición sobre a seguridade e saúde no traballo na produción de eventos culturais que tivo lugar hoxe na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) dentro das cornadas sobre os deretios dos profesionais técnicos do espectáculo organizadas pola Asociación Sindical de Profesionais Técnicos do Espectáculo.

Como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega, o ISSGA debe ser referente na difusión do coñecemento en materia preventiva a través da participación institucional en xornadas e outras actividades relacionadas coa prevención de riscos laborais e a seguridade e saúde laboral, tanto de ámbito autonómico como nacional ou internacional.

Dentro das actuacións que o ISSGA está a realizar neste sector destaca a súa participación nun grupo de traballo no seo da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, que conta coa participación do resto de comunidades autónomas, así como do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST) que se encargou de establecer criterios técnicos comúns a nivel nacional para facilitar a xestión preventiva durante a montaxe e desmonte de espectáculos públicos.

As conclusións do grupo de traballo plasmáronse na publicación dun informe que recolle as medidas de control sobre as condicións de seguridade das operacións de montaxe e desmonte de escenarios de espectáculos ao aire libre así como o asesoramento documental da actividade preventiva.

Este informe únese aos documentos publicados polo ISSGA co obxectivo de mellorar as condicións de traballo nesta actividade pódense consultar na seguinte ligazón.

Ligazóns de interese

Máis información