Novas

Xoves, Novembro 25, 2021

Participamos nunha xornada técnica sobre PRL en construción

Participamos nunha xornada técnica sobre PRL en construción

Vigo, 25 de novembro de 2021. Estes encontros, financiados polo Organismo Paritario para a Prevención na Construción ( OPPC), celébranse cada ano co obxectivo de mellorar a seguridade e saúde dos traballadores e empresas en traballos específicos do sector.

A Fundación Laboral da Construción retoma estas xornadas técnicas sobre prevención de riscos laborais en construción que buscan mellorar as boas prácticas de profesionais e empresas en traballos específicos do sector da construción e con iso a diminución da accidentabilidade laboral.

Pablo García Fernández, técnico de seguridade e saúde laboral do centro ISSGA_Pontevedra participou nas dúas sesións da xornada técnica “Planificación e implantación de proteccións contra caídas en obras de construción” que tiveron lugar en Vigo nas que fixo unha presentación sobre a protección contra caídas en altura desde un punto de vista lexislativo.

Como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega, o ISSGA debe ser referente na difusión do coñecemento en materia preventiva a través da participación institucional en congresos, feiras, xornadas e outras actividades relacionadas coa prevención de riscos laborais e a seguridade e saúde laboral, tanto de ámbito autonómico como nacional ou internacional.