Novas

Martes, Xuño 18, 2024

Participamos nunha xornada técnica sobre o radon en Vigo

Imaxe xt radon_VIgo

Vigo, 18 de xuño de 2024. Hoxe tivo lugar no Círculo de Empresarios de Galicia a xornada técnica “Gas radon: un risco e unha realidade a afrontar en Galicia” organizada por SGS Tecnos, SAU e que contou coa participación do ISSGA, Laboratorio de Radon de Galicia, Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Pontevedra e Molins, na que se analizou a situación actual e retos a afrontar en canto á xestión do risco de radon tanto no ámbito laboral con de saúde pública, con especial atención na nosa comunidade autónoma.


Por parte do Issga interviu Alfonso Pérez Santiago, xefe do centro Issga_Pontevedra, cunha exposición sobre as obrigas preventivas do radon no ámbito laboral.

 

Dende o Issga realizáronse varias actividades formativas durante este ano e elaborouse o documento informativo "O radon no ámbito laboral: medidas preventivas" que pode consultar na nosa web.