Novas

Martes, Outubro 26, 2021

Participamos nunha xornada sobre xestión de espectáculos públicos temporais

Participamos nunha xornada sobre xestión de espectáculos públicos temporais

Hoxe tivo lugar na sede da SGAE en Santiago de Compostela a xornada "Criterios técnicos CCAA-INSST sobre xestión de espectáculos públicos temporais" Cuestións prácticas, organizado pola Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM).

Una vez superada a primeira etapa da súa aplicación, a AGEM coa colaboración da Deputación da Coruña e o  ISSGA, organizou esta nova xornada na que Pablo García Fernández, técnico de seguridade e saúde laboral no Centro ISSGA_Pontevedra fixo unha exposición na que resaltou os aspectos fundamentais do criterio técnico CCAA-INSST sobre xestión de espectáculos públicos  temporais, con exemplos na súa aplicación, remarcando a importancia de que sexa considerado unha obra de construción e aclarando as cuestións máis frecuentes logo das primeiras aplicacións deste criterio.

O Instituto de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia (ISSGA) participou nun grupo de traballo no seo da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, que contou coa participación do resto de comunidades autónomas, así como do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST)), que se encargou de establecer criterios técnicos comúns a nivel nacional para facilitar a xestión preventiva durante a montaxe e desmonte de espectáculos públicos.

As conclusións do grupo de traballo plasmáronse na publicación dun informe que recolle as medidas de control sobre as condicións de seguridade das operacións de montaxe e desmonte de escenarios de espectáculos ao aire libre así como o asesoramento documental da actividade preventiva.

Este informe únese aos documentos publicados polo ISSGA co obxectivo de mellorar as condicións de traballo nesta actividade e que se poden consultar na seguinte ligazón.