Venres, Outubro 27, 2023
Participamos nunha xornada sobre empresas saudables en Vigo
Vigo, 27 de outubro de 2023. Hoxe tivo lugar no Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo a xornada formativa “Avanzando na empresa saudable” na que participou o ISSGA da man de Nieves Lorenzo Espeso, xefa da Área Técnica de Medicina do Traballo, Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada do Centro ISSGA_A Coruña, que fixo unha exposición sobre a promoción da saúde na empresa.
Como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega, o ISSGA debe ser referente na difusión do coñecemento en materia preventiva a través da participación institucional en xornadas e outras actividades relacionadas coa prevención de riscos laborais