Luns, Outubro 06, 2025
Participamos nunha reunión do subgrupo de Vixilancia da saúde no sector agrario da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo
6 de outubro de 2025.
Hoxe tivo lugar unha reunión do subgrupo de vixilancia da saúde do sector agrario da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo no que está a participar o ISSGA. O Issga ten entre os seus colectivos prioritarios de actuación, o sector agrario .
Neste subgrupo participa do Issga Nieves Lorenzo Espeso, Xefa da área Técnica de Medicina do Traballo, Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada do Issga.
As accións deste grupo están en liña coa EESST 2023-2027 co obxectivo de mellorar a prevención das enfermidades profesionais (EP) no sector agrario e mellorar a vixilancia da saúde.
Elaboráronse e estanse a debater dous propostas de documentos, un tríptico para trasladar as persoas traballadoras información sobre que facer ante unha enfermidade profesional no sector agrario e un documento mais extenso sobre estas doenzas no sector.