Martes, Xaneiro 24, 2023
Participamos nunha reunión do subgrupo de traballo do cerco con xareta da CNSST
Hoxe tivo lugar a 3º reunión deste subgrupo creado a petición da Comisión Permanente de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (CIAIM) polo grupo de traballo do Sector Marítimo Pesqueiro da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST) que ten como obxectivo o establecemento dos requisitos para a realización dun estudo para o deseño de procedementos de largado da arte de cerco con xareta en buques pesqueiros, considerando as posibilidades de implantación dos ditos procedementos no sector.
Por parte do ISSGA participou nesta xuntanza Diego Castro, técnico de seguridade e saúde laboral do centro ISSGA_Pontevedra.