Novas

Venres, Marzo 20, 2026

Participamos nunha reunión do subgrupo de traballo Axenda nacional para a prevención do cancro profesional da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST)

imaxe cancro laboral

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2026

O ISSGA participa no día de hoxe na reunión do subgrupo de traballo Axenda nacional para a prevención do cancro profesional da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST). Este subgrupo de traballo é o encargado de facer o seguimento das medidas consensuadas na Axenda que se recollen no segundo Plan de Acción da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo.
 

Estas medidas poñen o foco en:

  • Actualizar a normativa e realizar accións de asesoramento, vixilancia e control do cumprimento da normativa vixente.

  • Xerar ferramentas para a prevención efectiva da exposición a axentes canceríxenos e mellorar o coñecemento científico dos mesmos. 

  • Mellorar a vixilancia da saúde, tanto individual como colectiva, e a súa aliñación coa Estratexia sobre o Cancro do Sistema Nacional de Saúde. 

  • Promover un mellor coñecemento epidemiolóxico do cancro e mellorar os sistemas de información. 

  • Levar a cabo accións dirixidas a lograr unha sociedade máis informada e sensibilizada pola prevención do cancro de orixe profesional. 

No marco da da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo: Horizonte 2027 e o Plan de actuación 2026, o ISSGA contribúe á execución desta Axenda con actuacións como a elaboración dun novo mapa de risco químico, a realización de campañas sobre sílice cristalina respirable en talleres e obras e sobre fumes de motores diésel e aceites usados en talleres de reparación de vehículos, o impulso das actuacións comprobatorias por parte do persoal técnico habilitado e a ampla oferta formativa anual. Todo isto co obxectivo final de traballar conxuntamente para reducir os danos na saúde das persoas traballadoras e intensificar as actuacións de prevención na  exposición a substancias e axentes perigosos.