Luns, Xuño 12, 2023
Participamos nunha reunión do grupo de traballo da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo
12 de xuño de 2023. Hoxe tivo lugar unha reunión, na que participou a Administración Xeral do Estado, as comunidades autónomas e os axentes sociais a nivel estatal, do grupo de traballo da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo (EESST) 2023-2027, na que participou o ISSGA.
Os puntos máis destacados foron:
- Aprobación da elevación ao pleno da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo do informe do subgrupo de traballo de “Prevención, extinción de incendios e salvamento”.
- Aprobación do Plan de acción 2023-2024 da EESST 2023-2027 na que Galicia, a través do ISSGA, representou ás CCAA tanto na negociación da estratexia como no deseño do Plan de acción