xoves, Marzo 9, 2023

Participamos nunha reunión do Comité de Avaliación de boas prácticas en promoción da saúde no traballo do INSST

O obxecto da reunión, na que participou Nieves Lorenzo, Xefa da área Técnica Medicina do Traballo e Ergonomía e Psicosociología Aplicada do ISSGA_A Coruña, é valorar as avaliacións de sínteses dos expedientes das empresas candidatas ao recoñecemento de boas prácticas en promoción da saúde no traballo (PST) 2022  e deliberación sobre as empresas merecedoras deste recoñecemento.

Tamén se debateu sobre as avaliacións de sínteses dos expedientes das empresas candidatas ao recoñecemento de Empresa Saudable e Sustentable en PST 2022, e deliberación sobre as empresas merecedoras deste recoñecemento así como das candidaturas presentadas polas empresas ao recoñecemento de mellor acción en saúde cardiovascular e saúde mental.

Este ano o VIII Encontro da REES, no que se fará entrega dos diplomas de recoñecemento ás empresas merecedoras, será en Galicia o 9 de xuño, concretamente en Ourense.