Novas

Venres, Marzo 13, 2026

Participamos nunha reunión da RISST

Imaxe reunión RISST

Murcia, 13 de marzo de 2026

Hoxe tivo lugar unha reunión da Rede Interterritorial de Seguridade e Saúde no Traballo (RISST), na que participaron por videoconferencia a xerente e a subdirectora xeral Técnica e de Planificación do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja García e Mª Encarnación Sousa/Sousa Rodríguez. 

Entre os asuntos máis destacados da orde do día están os seguintes:

  • Información sobre o estado situación dos grupos de traballo da RISST 

  • Valoración da creación dun grupo de traballo de amianto para o deseño dunha ferramenta común

  • Formación

  • Contorna colaborativa RISST

A Rede Interterritorial de Seguridade e Saúde no Traballo (RISST) está constituída polas comunidades autónomas (CC. AA) e o Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST) que integra as cidades autónomas de Ceuta e Melilla e a súa función principal é coordinar e cooperar entre administracións públicas en materia de seguridade e saúde laboral, asegurando actuacións comúns en todo o territorio.