Novas

Luns, Novembro 20, 2023

Participamos nunha reunión da RISST

Madrid, 20 de novembro de 2023. Hoxe tivo lugar na sede do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST) unha reunión da Rede Interterritorial de Seguridade e Saúde no Traballo (RISST), na que participou a xerente do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja García.

Entre os asuntos máis destacados da orde do día están os seguintes:

  • Información sobre a constitución e evolución dos grupos de traballo creados na REDE: actividades formativas, amianto, psicosociais, perspectiva de xénero e servizos de prevención
  • Información sobre o proceso de elaboración da Axenda Nacional de Prevención do Cancro Profesional prevista na EESST 2023-2027 e participación das CCAA.