Novas

Xoves, Maio 23, 2024

Participamos nunha reunión da Rede Española de Seguridade e Saúde no Traballo no INSST

Imaxe reunión RESST

Madrid, 23 de maio de 2023. Hoxe tivo lugar a reunión anual da Rede Española de SST que tivo lugar na sala de Plenarios do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST) e na que participou Encarna Sousa Rodríguez, subdirectora xeral Técnica e de Planificación do Issga.

Entre os asuntos tratados na orde do día figuran, entre outros, información sobre a 112ª Conferencia Internacional do Traballo e dos Galardóns Europeos ás Boas Prácticas da campaña “Traballos seguros e saudables na era dixital” e compartiuse información actualizada sobre a dixitalización do mundo do traballo e o seu impacto na seguridade e a saúde das persoas traballadoras como, por exemplo: sistemas dixitais intelixentes, xestión de algoritmos, desconexión dixital, a dixitalización na negociación colectiva, control de datos biométricos e protección de datos, medidas preventivas baseadas en ferramentas dixitais etc.

Tamén se compartiron iniciativas relacionadas coa dixitalización e intercambiáronse experiencias respecto á transformación dixital do traballo.