Venres, Febreiro 25, 2022
Participamos nunha actividade sobre a saúde mental no traballo en Santiago
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia xunto coa Facultade de Psicoloxía da USC organizou a cuarta edición de Tempo da Psicoloxía ao longo dos días 21, 22, 23 e 24 de febreiro, de 18:00 a 20:00 horas.
O evento desenvolveuse desenvolverá tanto na modalidade presencial no salón de actos da Facultade de Psicoloxía da USC como en formato online e tiveron lugar distintas actividades dirixidas ao público xeral, que tiveron como tema central nesta ocasión “Unha ollada ao coidado da saúde mental”.
O mércores 23 de febreiro tivo lugar a mesa "COIDANDO A VIDA LABORAL: SAÚDE MENTAL NO TRABALLO” da actividade Tempo da Psicoloxía, na que participou a xerente do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja García. Tamén participaron na mesa:
- Carlos Montes Piñeiro, Sección de PTO do COPG, prof. de Psicoloxía Social.
- María Botana Rocamonde, Asesora de PRL e RSE na Confederación de Empresarios da Coruña.
- Adrián Varela Pomar, Técnico de Saúde Mental FEAFES Galicia.
A contorna laboral e o modo en que se organiza e xestiónase o traballo inflúen directamente na saúde mental dos traballadores; polo que contar co apoio social, ter a sensación de inclusión, atopar sentido ao propio traballo ou ser capaz de organizar e tomar decisións, son algúns dos factores que favorecen unha boa saúde mental dos empregados.
O ISSGA, como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega, debe ser referente na difusión do coñecemento en materia preventiva, concentrando e participando en eventos e actividades formativas e informativas, non só propias, senón tamén en colaboración con outras entidades e órganos técnicos especializados, de maneira que se convertan en focos de transmisión de saber preventivo.