Novas

Sábado, Marzo 09, 2019

Participamos nun acto sobre prevención e integración en Santiago

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2019. A xerente do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja García, estivo hoxe presente nunha xornada organizada por Schindler, en colaboración coa Fundación Adecco, na que, ademais de manifestar a prioridade da seguridade e a saúde no traballo tamén se compartiron experiencias da real e efectiva integración das persoas con capacidades diferentes a través da realización de diversas talleres.

O ISSGA, como órgano técnico en materia de seguridade  e saúde laboral da Administración galega, debe ser referente na difusión do coñecemento en materia preventiva, concentrando nos seus centros acciones e actividades formativas e informativas, non só propias, senón tamén en colaboración con outras  entidades e órganos técnicos especializados, de maneira que  se convertan  en focos de transmisión de saber preventivo.

A divulgación destes  coñecementos é unha parte fundamental da prevención de riscos  laborais e así aparece recollido no Plan de actividades do ISSGA para este ano 2019.