Novas

Luns, Abril 24, 2023

Participamos no V Congreso Internacional de Seguridade e Saúde no Traballo en Bilbao

Bilbao, 24 de abril de 2023. O ISSGA participa cun stand informativo neste evento organizado por Osalan - Instituto Vasco de Seguridade e Saúde Laboral do Goberno Vasco con motivo do seu 30º aniversario, que terá lugar os días 24 e 25 de abril.

Nieves Lorenzo Espeso, xefa do Equipo Técnico de Medicina Laboral do ISSGA – participa nun mesa sobre a enfermidade profesional: plataforma interautonómica.

Ademais, o INSST en colaboración co ISSGA, presentan unha comunicación en formato póster que aborda unha nova liña de investigación sobre as fibras minerais artificiais, amplamente utilizadas como substitutas do amianto en construción e industria, e expón os novos retos preventivos no marco do obxectivo dunha Europa sen amianto que nos leva á retirada progresiva e segura dos materiais que conteñen este mineral.

O póster, que leva por título: Exposición laboral a fibras minerales artificiales cancerígenas y biopersistentes: desafíos en el marco del pacto verde europeo y oportunidades del enfoque safe & sustainable by design, centra a atención na necesidade de priorizar a acción preventiva sobre as fibras cerámicas refractarias canceríxenas e outras biopersistentes, limitando o seu uso para as aplicacións que as requiran (maioritariamente illamentos na industria) e optando por outras fibras minerais artificiais menos perigosas para a saúde para o resto de situacións, en particular na construción considerando a ola Renovación energética formulada desde Europa.