Novas

Mércores, Outubro 23, 2024

Participamos no Foro PRL no polígono de Agrela

imaxe foro prl agrela

A Coruña, 23 de outubro de 2024.

 

A Confederación de Empresarios da Coruña xunto coa Asociación de Empresarios de Agrela, pon en marcha este mércores o Foro Técnico de prevención de riscos laborais (PRL) no polígono de Agrela.


Enmárcase a súa inauguración, na Semana Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo, resultando este Foro PRL, como exemplo de xestión activa e participativa dos diferentes axentes da PRL.

 
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) participou na inauguración deste foro, que tamén acompañou na inauguración doutros foros constituídos con anterioridade.


O de Agrela, trátase do cuarto foro en funcionamento entre o tecido empresarial coruñés, sumándose aos existentes no polígono de Sabón, na comarca de Ferrolterra  e no polígono de Bergondo.


Estes foros constitúen a posta en marcha dentro da contorna empresarial asociativa, de lugares de encontro e debate, para a análise do estado da seguridade e saúde laboral, co obxectivo de impulsar a súa mellora nas empresas e fomentala no conxunto da sociedade.
 

Entre os seus obxectivos, destacan:

  • Facilitar a análise do estado da seguridade e saúde laboral na contorna
     

  • Fomentar o intercambio de coñecemento, a reflexión e a aprendizaxe continua
     

  • Establecer liñas de fomento e promoción da PRL 
     

  • Facilitar o traballo en rede e a creación de sinerxias entre os distintos axentes no ámbito da PRL
     

  • Achegar valor á xestión preventiva das empresas

 

Nesta sesión participaron máis dunha vintena de asistentes de empresas do polígono, que foron acompañados por Encarna Sousa, Subdirectora Xeral Técnica e de Planificación do ISSGA e José Rega, Xefe do centro ISSGA da Coruña que ofreceron a visión do ISSGA sobre a PRL no marco actual, así como o plan de traballo do instituto.


Como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega, o ISSGA debe ser referente na difusión do coñecemento en materia preventiva a través da participación institucional en xornadas e outras actividades relacionadas coa prevención de riscos laborais e a seguridade e saúde laboral, tanto de ámbito autonómico como nacional ou internacional.