Venres, Setembro 20, 2024
Participamos no 14º Congreso Internacional e 18º Nacional de Ergonomía e Psicosocioloxía en Xixón
Xixón, 20 de setembro de 2024. Hoxe e onte está tendo lugar este evento co título: “Traballo Seguro, Saudable, Sostible e Produtivo”, organizado pola Asociación Asturiana de Ergonomía (PREVERAS) e a Asociación Española de Ergonomia (AEE), cos obxectivos de interaccionar para a promoción e difusión da ergonomía e das actividades relacionadas con ela, tanto en España como a nivel internacional.
O ISSGA está presente neste evento coa participación do seu persoal técnico, César André Rivas, Ángel López Álvarez e Héctor González Novoa este venres, 20 de setembro, en senllas mesas redondas sobre protocolos de vixilancia sanitarios sobre riscos ergonómicos e psicosociais e e sobre sector primario (agrícola e forestal) investigacións e aplicacións da ergonomía e a psicosociología.
Durante este Congreso estanse a tratar temas como a prevención de riscos ergonómicos e psicosociais no sector sociosanitario, na industria, no sector servizos etc., así como a importancia das novas tecnoloxías e a intelixencia artificial (IA) na transformación do traballo, para prever as consecuencias da súa implantación ao servizo da ergonomía, para as empresas e persoal traballador. Por outra banda, a saúde mental no traballo require o esforzo e creatividade de todos os axentes implicados para dar un salto significativo na súa xestión e tratamento.