Novas

Venres, Novembro 10, 2023

Participamos no 13º Congreso Internacional e 17º Nacional de Ergonomía e Psicosociología en Xixón

Cartel congreso

Xixón, 10 de novembro de 2023. Técnicos do ISSGA participaron neste congreso que tivo lugar os días 9 e 10 de novembro en Xixón e que presenta oun programa técnico e científico sobre as experiencias e investigacións nos variados campos onde a ergonomía mostra o seu compromiso coa integración das dimensións humanas nas orientacións sobre progreso, desenvolvemento e dereitos laborais.

A ergonomía achega valor económico a través do deseño dos sistemas para contribuír a que as empresas sexan competitivas e valor social de prestación de traballos de servizos e o valor moral trasladando a importancia de loitar contra o traballo precario e a súa correlación coa minoración da seguridade e a saúde laboral.

Como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega, o ISSGA debe ser referente na difusión do coñecemento en materia preventiva a través da participación institucional en xornadas e outras actividades relacionadas coa prevención de riscos laborais e a seguridade e saúde laboral, tanto de ámbito autonómico como nacional ou internacional.