Novas

Venres, Outubro 10, 2025

Participamos na xornada de presentación en Santander do "Manual Recurso preventivo e outras vixiancias de traballos" elaborado polos catro institutos de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco.

imaxe curso

Santander, 10 de outubro de 2025.

Os Institutos de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, Asturias, Cantabria e Pais Vasco veñen colaborando de xeito estable na elaboración de documentos técnicos en prevención de riscos laborais dando resposta a realidades comúns, sumando recursos e coñecenento na procura dunha maior eficiencia do servizo que prestan nos distintos territorios ao tecido empresarial e social.

Baixo esta idea de colaboración institucional e traballo compartido, o denominado Grupo CANO dos catro organismos, elabora e presenta conxuntamente nunha xornada hoxe en Santander o “Manual do Recurso Preventivo e outras vixilancias de traballos”.

En próximas datas presentarase en xornadas nas outras tres CCAA.