Novas

Mércores, Marzo 25, 2026

Participamos na Semana Forestal organizada pola Delegación de Alumnos da Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo

Xornada semana forestal_UVigo_Pontevedra

Pontevedra, 25 de marzo de 2026. O Issga colaborou nesta iniciativa coa exposición dunha presentación sobre os principais riscos laborais no sector forestal e dando visibilidade ás campañas e publicacións que o instituto ten neste sector tan estratéxico da nosa comunidade.

A presentación foi realizada polo xefe do centro Issga de Ourense, Ángel López, e Héctor González, xefe da Área Técnica de Seguridade no Traballo e Hixiene Industrial no mesmo centro territorial.