Mércores, Maio 28, 2025
Participamos na reunión anual da Rede Española de Seguridade e Saúde no Traballo no INSST
Madrid, 28 de maio de 2025. Hoxe tivo lugar a reunión anual da Rede Española de Seguridade e Saúde no Traballo (RESST) na que participou, por parte do ISSGA, Encarna Sousa Rodríguez. Esta reunión facilita a organización da súa actividade principal: a recompilación de información técnica, científica e económica relacionada coa seguridade e saúde no traballo (SST). Tamén serve para coordinar a difusión do coñecemento nesta materia e a organización de actividades que promovan a mellora das condicións de seguridade e saúde nos lugares de traballo.
Durante a sesión informouse das novidades da UE e da Axencia Europea así como das boas prácticas da campaña “Traballos seguros e saudables na era dixital”, que está dirixida a sensibilizar sobre o impacto das novas tecnoloxías dixitais nos lugares de traballo e os retos e oportunidades.
Os asistentes participaron nunha dinámica de grupo sobre sistemas de exploración de escenarios en relación á economía circular e a SST onde se intercambiaron experiencias e opinións sobre esta materia.
A Rede está integrada por diferentes membros tales como axentes sociais, autoridades laborais das CCAA e os seus institutos rexionais de seguridade e saúde no traballo, institucións e organismos da AGE, universidades, asociacións de técnicos de prevención e colexios profesionais.