Novas

Luns, Setembro 14, 2026

Participamos na III Xornada Divulgativa sobre Gas Radon organizada polo Colexio Oficial de Físicos e Ventilatio Lab, coa colaboración da facultade de Física da USC

 imaxe dos relatores da xornada

Santiago de Compostela 11 de setembro de 2026

Este  venres tivo lugar unha xornada sobre o gas radon na facultade de Física na que se abordou o marco normativo, a estratexia autonómica fronte ao radon, as medidas de mitigación deste gas e a normativa e medidas preventivas a aplicar no ámbito laboral.  Na xornada participaron representantes da Consellería de Sanidade, do Consello de Seguridade Nuclear e de empresas especializadas nas medidas de mitigación do radon.
Por parte do Issga participou Lucía Ferrón Vidán, xefa de Sección de Coordinación Preventiva en Hixiene e saúde,  que expuxo cales son as pautas a seguir por parte da empresa para a protección das persoas traballadoras fronte ao radon, e as principais obrigas derivadas da normativa vixente, especialmente en todos aqueles municipios situados nos denominados termos municipais de actuación prioritaria nos que é obrigatorio realizar medicións cando se trata de centros de traballo.
Debido ás características xeolóxicas do territorio galego, este gas, de orixe natural constitúe un problema de especial relevancia na nosa comunidade, a maioría dos seus municipios son de actuación prioritaria e polo tanto as medicións débense levar a cabo medicións en numerosos centros de traballo.
No seguinte documento publicado polo Issga pódese ampliar información sobre o radon nos centros de traballo:

Pautas Issga: O RADON NO ÁMBITO LABORAL. Obrigas preventivas