Venres, Maio 09, 2025
Participamos na II Xornada Luso-Galaica de Medicina do Traballo
A Abelleira (Pontevedra), 9 de maio de 2025. Hoxe tivo lugar a II Xornada Luso-Galaica de Medicina do Traballo organizada pola Sociedade Galega de Medicina do Traballo e pola Sociedade Portuguesa de Medicina do Trabalho.
O Issga estivo presente neste evento coa participación de Nieves Lorenzo Espeso, xefa da Área Técnica de Medicina do Traballo e Ergonomía e Psicosociololoxía Aplicada do Centro Issga_A Coruña na que fixo unha exposición sobre a Axenda nacional de prevención do cancro de orixe profesional e o Proxecto red sentinela de cancro de senos paranasais.
O Issga, como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega, é referente na difusión do coñecemento en materia preventiva, concentrando e participando neste tipo de actividades formativas e informativas, non só propias, senón tamén en colaboración con outras entidades e órganos técnicos especializados, converténdose en focos de transmisión do saber preventivo.