Novas

Mércores, Febreiro 16, 2022

Participamos en Navarra nunha xornada técnica de sensibilización fronte ao risco de envorco do tractor

Participamos en Navarra nunha xornada técnica de sensibilización fronte ao risco de envorco do tractor

Navarra, 16 de febreiro de 2022. Ángel López Álvarez, xefe do Centro ISSGA_Ourense e Coordinador do Subgrupo de Traballo Maquinaria Agrícola da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo participou como moderador dunha mesa sobre actuacións dirixidas á redución da accidentabilidad na xornada técnica "Prevención e protección fronte ao risco de envorco de tractor” que tivo lugar hoxe na Universidade Pública de Navarra.

Segundo o observatorio Estatal de Condicións de Traballo ( OECT) do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no traballo (INSST), o principal axente material asociado ao accidente en xornada laboral na actividade agrícola e gandeira é o tractor, sendo o envorco un dos accidentes que pode conlevar consecuencias mortais para o tractorista se non se adoptan as medidas de seguridade pertinentes.

Tendo en conta o exposto anteriormente, a Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST) aprobou que a primeira campaña do Plan Nacional de Sensibilización en Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrario, estea dedicada ao envorco de tractor co lema “A túa vida, sen voltas”.

O obxectivo da mesma é o fomento do uso seguro do tractor e a correcta utilización de ROPS (estrutura de protección en caso de envorco) e cinto de seguridade, para conseguir a redución tanto do número de accidentes por envorco como do número de falecidos.

Os participantes nesta actividade foron os servizos de prevención, responsables de cooperativas agrícolas, sindicatos agrarios, asociacións empresariais, entidades de autónomos, empresas comercializadoras de tractores, centros de formación e entidades implicadas no sector agrario.

O ISSGA, como órgano técnico en materia de seguridade  e saúde laboral da Administración galega, debe ser referente na difusión do coñecemento en materia preventiva, concentrando e participando en eventos e actividades formativas e informativas, non só propias, senón tamén en colaboración con outras entidades e órganos técnicos especializados, de maneira que  se convertan  en focos de transmisión de saber preventivo.

Ligazóns de interese

Máis información da campaña