Xoves, Setembro 28, 2017
Participamos en Lugo nunha xornada sobre os accidentes laborais no sector forestal
Lugo, 28 de setembro.- O xefe do Centro Issga de Lugo, Manuel Gasalla Regueiro, participou hoxe nun acto formativo que tivo lugar salón de actos da Deputación provincial de Lugo no que se analizaron os accidentes laborais no sector forestal e as súas consecuencias xurídicas e responsabilidades empresariais na contratación e subcontratación de autónomos.
Esta xornada estivo organizada pola Asociación Provincial de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira de Lugo e ademais do ISSGA, tamén contou coa participación, entre outros, da Inspección de Traballo e Seguridade Social.
O Issga, como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega, debe ser referente na difusión do coñecemento en materia preventiva, tanto na realización de accións formativas nos seus centros provinciais como colaborando con outras entidades e órganos técnicos especializados, de maneira que se convertan en focos de transmisión de saber preventivo.