Xoves, Maio 02, 2024
Participación do persoal técnico do ISSGA nas actividades organizadas polo IES A Guía de Vigo
- Os actos forman parte das accións organizadas con motivo do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo
Vigo, 2 de maio de 2024. O IES A Guía de Vigo organizou, con motivo do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, diversas actividades relacionadas coa prevención de riscos laborais na que o estudantado do módulo de FOL das familias de comercio e actividade física puxeron en práctica os seus coñecementos sobre prevención de riscos laborais e nas que colaborou o persoal técnico do Centro Issga_Pontevedra, José Alberto López Redondo, María Jose Camino Vieiro e Pablo García Fernández.
Como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega, o ISSGA debe ser referente na difusión do coñecemento en materia preventiva a través da participación institucional en congresos, feiras, xornadas e outras actividades relacionadas coa prevención de riscos laborais e a seguridade e saúde laboral, tanto de ámbito autonómico como nacional ou internacional.