Novas

Mércores, Setembro 26, 2012

Participación do ISSGA nunha xornada técnica sobre pesca organizada por Fundamar

O xefe do Centro do ISSGA de Pontevedra, José Antonio Rodríguez Arribe, participou onte nunha xornada técnica organizada póla Fundación para a Pesca e o Marisqueo – Fundamar, que tivo lugar en Vigo, co relatorio “Innovación, condicións de traballo e mellora da competitividade no sector da pesca galega”.

O obxectivo desta xornada foi coñecer de primeira man as inquietudes do sector, adquirir novos coñecementos e establecer novos lazos de cooperación entre armadores, patróns e organismos de investigación, desenvolvemento e innovación da frota pesqueira.

Neste encontro mostráronse medidas preventivas innovadoras aplicables á actividade pesqueira, poñendo en común experiencias de varios armadores galegos, que aumentaron a súa competitividade grazas á implementación de accións preventivas nos procesos, os procedementos e as condicións de traballo nas embarcacións.