Novas

Venres, Outubro 22, 2010

Participación do ISSGA nun curso de carácter internacional

O ISSGA designa ao seu técnico especialista en formación, José Antonio González Lago, para participar nun curso con carácter internacional sobre "Seguridade e Saúde no traballo" por solicitude da designación dun experto español para colaborar no CISS- CIESS América (Centro Interamericano de Estudios de Seguridad Social) con sede en Mexico DF.

Esta acción inclúese nun marco de Acordos de Cooperación Internacional subscritos polo Goberno de España y outros Gobernos ou Estados, que autorizan a programación de Cooperación Técnica Internacional e que reunirá nese país centroamericano a alumnos e profesores de distintos países.

Neste caso, estamos a falar de países (Ministerios ou outras Institucións) que solicitan "Expertos para Cooperación Técnica Internacional do Ministerio de Traballo e Inmigración" e dentro deste apartado, "Programas de Seguridade e saúde no Traballo".

Durante a semana do 25 ao 29 de outubro, José Antonio González Lago intervirá como docente no citado curso e participará noutras actividades como Talleres e Seminarios, presentación do sistema de prevención que temos actualmente en España, aspectos fundamentais da nosa normativa en seguridade e saúde laboral, así como as nosas experiencias, dificultades e logros obtidos.