Novas

Venres, Outubro 09, 2026

Participación do Issga nos grupos de traballo sobre os retos da prevención e a evolución da sinistralidade laboral en Galicia

imaxe da reunión

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2026. 

A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, participou este este venres en dous grupos de traballo centrados na prevención de riscos laborais e na mellora da seguridade e saúde no traballo, organizados pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

No primeiro grupo abordouse o papel do persoal técnico de prevención e dos servizos de prevención nun contexto marcado polas transformacións asociadas á dixitalización e ao reto demográfico. A sesión permitiu reflexionar sobre os desafíos que estes cambios representan para a actividade preventiva e sobre a importancia de adaptar as actuacións ás novas necesidades das empresas e das persoas traballadoras.

O segundo grupo centrouse na análise da evolución da sinistralidade laboral desde a aprobación da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, así como na identificación de estratexias para avanzar na redución dos accidentes de traballo na Comunidade Autónoma galega.

Ambos os encontros enmárcanse na reflexión sobre os retos actuais e futuros da prevención de riscos laborais e na procura de medidas que contribúan a mellorar as condicións de traballo, reforzar a integración da prevención nas empresas e reducir a sinistralidade laboral.

Coa súa participación, o Issga reafirma o seu compromiso coa colaboración entre os axentes implicados na prevención e coa promoción de iniciativas orientadas a avanzar cara a contornos de traballo máis seguros e saudables en Galicia.