Novas

Xoves, Setembro 24, 2026

Participación do Issga no do Grupo de Traballo de Seguridade Vial Laboral da CNSST

imaxe da campaña de seguridade vial do  Issga

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2026

O Issga participou onte na reunión do Grupo de Traballo de Seguridade Vial Laboral da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST), celebrada por videoconferencia, na que se abordaron os avances nos traballos relativos á prevención da sinistralidade viaria laboral.
Durante a sesión analizouse a última versión do documento “Directrices Básicas para a Seguridade Vial Laboral”, elaborado polo Subgrupo de Traballo de Directrices de Seguridade Vial Laboral quedando  pendente da súa aprobación definitiva prevista para o mes de outubro.
Tamén se presentaron e analizaron as primeiras propostas para a campaña de sensibilización en seguridade viaria laboral de 2027. Entre elas, valorouse unha proposta da Dirección Xeral de Tráfico (DGT) centrada nas persoas repartidoras en bicicleta e motocicletas e en vehículos de mobilidade persoal (VMP).
Os traballos da campaña terán en consideración a evolución da sinistralidade laboral neste colectivo e as recentes modificacións normativas que afectan estas modalidades de reparto.