Novas

Xoves, Xaneiro 24, 2013

Participación do Issga no 6º Simposio Nacional de Xestión Ambiental en Centros Sanitarios

Os días 24 e 25 de xaneiro celébrase na cidade da Coruña o 6º Simposio Nacional de Xestión Ambiental en Centros Sanitarios. O simposio, que quere reflectir o seu carácter multidisciplinar, organízase en dous grandes bloques, talleres formativos, e relatorios e comunicacións.

Lucía Ferrón Vidán, técnica especialista en Hixiene Industrial do ISSGA, participa o xoves 24 nun dos talleres formativos, en concreto na mesa dedicada á “Xestión ambiental intracentro” e abordará os aspectos máis relevantes da exposición laboral a contaminantes químicos, físicos e biolóxicos nos centros sanitarios.

O simposio, organizado pola Asociación Española de Gestión Ambiental en Centros Sanitarios, en colaboración co Servizo Galego de Saúde e o Concello da Coruña, continúa co obxectivo de avanzar na consolidación da cultura ambiental no seo das organizacións sanitarias potenciando e incorporando o progreso tecnolóxico dentro dun marco de desenvolvemento sostible, dotando ás organizacións sanitarias dunha ferramenta útil para o debate e intercambio de coñecemento e experiencias.