Xoves, Marzo 08, 2012
Participación do ISSGA nas mesas técnicas de expertos de Formega
O ISSGA colabora coas actividades que todos os anos desenvolve FORMEGA para o fomento da prevención de riscos laborais e das condicións de seguridade e saúde dentro das empresas do sector metalúrxico.
Para este ano 2012 planificáronse, entre outras actividades, a realización de dúas mesas técnicas de expertos na que participarán técnicos do ISSGA.
Os temas sobre os que versarán estas mesas son:
Mesa 1. Vixilancia da saúde
Mesa 2. Rendibilidade da prevención de riscos laborais
Na primeira mesa estará presenta Nieves Lorenzo Espeso, xefa do Equipo Técnico de Medicina Laboral do Centro ISSGA da Coruña, mentres que na segunda participará José Rega Piñeiro, subdirector xeral Técnico e de Planificación do ISSGA.
A mesa sobre a vixilancia da saúde formúlase como principal obxectivo analizar a xestión actual da vixilancia da saúde, e formular propostas de mellora no cumprimento da normativa aplicada ao metal e tamén na xestión máis eficiente desta.
De tal forma, partindo das esixencias legais para, por un lado, extrapolar unha interpretación desta dentro do sector metalúrxico e, por outro, analizar escrupulosamente os fallos do sistema actual que levan en numerosas ocasións a unha falta de detección precoz de enfermidades profesionais.
Esta mesa reuniuse hoxe en Vigo e os expertos que participaron nela corresponden ás seguintes entidades:
- ASIME
- MCA-UGT Galicia
- Federación Industria de CCOO Galicia
- ISSGA
- Empresa GKN DRIVELINE VIGO, S.A.
- Ibermutuamur
- Universidade de Vigo