Martes, Marzo 20, 2012
Participación do ISSGA na "Xornada técnica sobre amianto" no Salón da Construción de Galicia (SICO) o 22 de marzo
Este xoves, 22 de marzo no marco do Salón da Construción de Galicia (SICO) a Asociación de Empresas de Desamiantado, ANEDES, organiza unha "Xornada técnica sobre amianto" na que se analizará a situación actual no mundo do desamiantado e se fará un balance dende a entrada en vigor do Real decreto 396/2006 ao tempo que se formularán os obxectivos inmediatos desta asociación.
Nesta xornada participa o ISSGA que estará representado por Lucía Ferrón Vidán, técnica de Hixiene Industrial deste instituto, que incidirá na súa intervención en diferentes aspectos relacionados coa aprobación de plans de traballo e na situación e evolución nestes últimos anos dos traballos realizados ao abeiro do RD 396/2006 en Galicia.
A xornada desenvolverase en IFEVI Club do Expositor en Vigo e dará comezo ás 10:00 h
Achégase o programa