Novas

Mércores, Outubro 14, 2009

Participación do ISSGA na 40 edición da Feira Multisectorial FEXDEGA

Participación do ISSGA na 40 edición da Feira Multisectorial FEXDEGA

O ISSGA estivo presente co seu stand na 40 edición da Feira Multisectorial FEXDEGA, que se celebrou do 9 ao 12 de outubro de 2009 no recinto feiral FEXDEGA en Vilagarcía de Arousa.

As instalacións do Instituto permitiron aos visitantes acceder a información sobre as distintas campañas desenvolvidas polo organismo, tanto as destinadas á poboación en idade escolar como aos traballadores, empresarios e á sociedade en xeral, así coñecer de preto os Equipos de Protección Individual (EPI) recomendados para determinados traballos e os instrumentos empregados polos técnicos do ISSGA nas súas tarefas de investigación de accidentes e visitas técnicas a empresas. No posto tamén estiveron dispoñibles diversas publicacións, entre as que destacamos as follas de prevención, que o ISSGA edita periodicamente sobre diversos temas relacionados coa seguridade e saúde laboral.

A organización estimou en máis de 21.000 os visitantes a esta edición, onde a participación do ISSGA está en liña co seu Plan de Actuacións para o ano 2009, no que se fai referencia á asistencia a feiras e encontros profesionais, monográficos ou xerais, coa fin de promocionar e fomentar a prevención de riscos laborais no conxunto da sociedade.