Novas

Xoves, Maio 06, 2010

Participación do ISSGA en Valencia no VIII Congreso de Prevención de Riscos Laborais

O ISSGA participa no VIII Congreso de Prevención de Riscos Laborais que se está a celebrar no Centro de Eventos da Feira de Valencia os días 5, 6 e 7 de maio e que reuniu na capital valenciana a expertos en prevención laboral de máis de 20 países para exhibir os avances máis recentes en materia de prevención laboral.

A directora do ISSGA ofreceu o 5 de maio un relatorio para compartir cos asistentes a experiencia de creación do ISSGA e os labores que desenvolve en materia de prevención de riscos laborais en Galicia. Asemade, Quinzá-Torroja García formou parte da mesa presidencial do acto de entrega dos Premios Internacionais ORP de Seguridade e Saúde no Traballo celebrado o 5 de maio no marco do Congreso.

O xefe do Centro ISSGA de Rande (Redondela-Pontevedra) impartiu un relatorio sobre "A realidade da prevención de riscos laborais na pesca en Galicia". Tamén asisten a este evento outros técnicos deste Instituto que presentaron diversas comunicacións e pósteres que se exporán durante o mesmo:

“ANÁLISIS DE LOS ACCIDENTES DE TRABAJO POR SOBREESFUERZO”
Seoane Farré, Rocío; Fernández Vázquez, Antonio

“ANALISIS DE LAS CONDICIONES DE TRABAJO DE LOS TRABAJADORES DEL SECTOR AGRARIO EN LA PROVINCIA DE LUGO. PATOLOGÍAS PREDOMINANTES”
Garabito Cociña, Myriam; Eyre Vázquez, Paz; García Díaz, María

Durante o Congreso, que se celebra cada dous anos en España e que conta cunha proxección científica e profesional de gran relevo internacional, universidades de Estados Unidos, Reino Unido, Alemaña, Italia, Canadá, Chile, Corea, Australia ou Finlandia presentaron as últimas tendencias e métodos de actuación en seguridade laboral.