Novas

Xoves, Abril 19, 2012

Participación do ISSGA en PREVISEL - Salón da Prevención e Seguridade Laboral

O 17 e 18 de abril tivo lugar en Expourense, a sexta edición de Previsel - Salón da prevención e seguridade laboral, no que o ISSGA formou parte do seu comité asesor y participou de forma activa coa intervención dos seus técnicos e expertos en diferentes mesas, conferencias e talleres, programados dentro das xornadas técnicas, entre as que destacamos as seguintes:

- Obradoiro sobre a prevención de riscos laborais no ensino. Adiccións no ámbito laboral, impartido por Juan Manuel Rodríguez Lorenzo, xefe da sección de Recoñecementos e Analítica do ISSGA.

- Xornada sobre a prevención en tempos de crise. Novas perspectivas. Novas tecnoloxías. Coa participación de Ángel López Álvarez, xefe do Centro do ISSGA en Ourense.

A consolidación da cultura preventiva, a mellora da calidade na prevención e a mellora continuada dos medios de protección a través do investimento en I+D+i son xa unha realidade.

A prevención de riscos laborais debe formar parte da cultura de toda empresa, así como da formación dos seus traballadores, co traballo dos distintos axentes implicados.

En Previsel, Salón da Prevención e da Seguridade Laboral, déronse cita nesta sexta edición, Administración, Patronal e Sindicatos co obxectivo de aunar esforzos no fomento da cultura preventiva e hábitos saudables, eixos nos que sempre é preciso seguir traballando.