Xoves, Setembro 20, 2018
Os centros Issga de Lugo e A Coruña acollen unha xornada sobre innovación e boas prácticas de seguridade e saúde no sector eólico
Lugo, 20 de setembro de 2018. O obxecto desta xornada, que se repetira mañá no centro Issga da Coruña, ten por obxecto informar aos profesionais da prevención, técnicos, empresarios e traballadores sobre a xestión da prevención de riscos laborais nos traballos de operación e mantemento de aeroxeneradores así como poñer de manifesto a importancia de acadar estándares axeitados e integrar as novas tecnoloxías para a formación en materia de seguridade e saúde laboral, aspectos nos que este sector está sendo referente.
O sector eólico caracterízase pola importancia que se concede á prevención de riscos e pola implicación dos tecnólogos, mantedores e empresas de servizos en garantir a seguridade e saúde dos traballadores. Con todo, a construción, explotación e mantemento de parques eólicos leva implícitos certos riscos tales como o contacto eléctrico, con lume, ou con substancias perigosas; atrapamentos e esmagamentos; golpes contra obxectos; contacto con material cortante, punzante ou duro; sobreesforzos; caídas a distinto nivel, etc. É por iso que o Issga fixouse neste sector en particular para promover a presente xornada técnica para divulgar as boas prácticas que desde hai tempo veñen realizando.
Por outra banda, a natureza particular dos distintos riscos laborais inherentes ao sector eólico, así como as políticas das empresas neste ámbito tendentes a garantir a seguridade e saúde dos seus empregados, serviu de caldo de cultivo á hora do desenvolvemento por parte da GWO (Global Wind Organization) dun estándar formativo en materia preventiva cuxo obxectivo é o de mellorar a cualificación dos profesionais e consecuentemente minimizar o número de accidentes no devandito campo laboral, apostando polo fomento da seguridade e a saúde do empregado.
Cabe sinalar tamén, en materia de formación, a introdución de novas tecnoloxías e aplicacións innovadoras para a formación dos operarios deste concreto sector que moitas destas empresas están a introducir, polo que nos parecía oportuno tamén recoñecelas e poñelas en valor no foro da presente xornada técnica.
Para desenvolvemento desta acción formativa fíxose unha introdución á situación actual do sector eólico tanto a nivel estatal coma en Galicia en particular, abordando de seguido das actuacións do Grupo de traballo de prevención de riscos laborais (GT PRL) coordinado pola AEE, así como a documentación que para o sector teñen elaborado; presentouse o marco normativo, riscos e medidas de prevención na operación e mantemento de aeroxeneradores, explicando as Notas Técnicas de Prevención (NTP 1022, 1023 e 1024) que ten elaborado para o INSST, con exemplos de boas prácticas de seguridade e saúde na súa empresa.
Tamén se tocaron aspectos como a formación do estándar GWO (Global Wind Organization) explicando os coñecementos e habilidades adquiridas no proceso formativo, así coma a visión que nos pode achegar sobre este estándar un provedor homologado de formación. Se propuxo un exemplo real da planificación da actividade preventiva na operación e mantemento dun parque eólico e se expuxo un proxecto en aplicacións innovadoras e introdución de novas tecnoloxías para a formación dos operarios deste concreto sector.
Finalmente, fíxose unha demostración práctica da aplicación de técnicas de realidade virtual (RV) realizando unha simulación da evacuación de un aeroxenerador que puido ser visualizado simultaneamente a súa execución en pantalla polo público asistente.