Mércores, Xuño 11, 2014
Os centros Issga da Coruña e Pontevedra acolleron unha xornada técnica sobre a xestión do estres
Os centros Issga de Pontevedra e A Coruña acolleron onte e hoxe respectivamente unha xornada técnica organizada por Fremap sobre a xestión integrada do estres dirixida a empresarios, directivos de empresas, directores técnicos, responsables de recursos humanos e formación e profesionais de prevención.
Obxecto e contido
- Encadrado no marco de prevención de riscos e desde unha perspectiva de promoción da saúde, analizouse o concepto do estres e a súa evolución conceptual, así como as implicacións que estas poidan ter na vida das persoas
- Profundizouse no coñecemento da tensión laboral e as súas diferentes tipoloxías, identificando os principais factores de risco que poden conducir ao mesmo.
- Realizouse unha análise aproximativa ás principais estratexias de intervención individual, coñecendo as repercusións persoais e as posibles formas de afrontamento.