Venres, Setembro 01, 2017
A oferta formativa do ISSGA para o derradeiro cuadrimestre deste ano inclúe 20 novas actividades
Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2017.- Durante este mes de setembro dende o ISSGA retomamos a actividade formativa programada para este ano 2017, no que se ofrecen un total de vinte novas accións formativas que se desenvolverán durante os meses de setembro, outubro e novembro.
Cursos básicos
Estes cursos, que se desenvolven tanto presencialmente nos seus centros provinciais como en liña a través da aula virtual, teñen o obxectivo de proporcionar o nivel de capacitación necesario para desenvolver as funcións de xestión da prevención de nivel básico.
Os catro cursos presenciais terán lugar en cada un dos centros provinciais do ISSGA; un en setembro e outubro e dous no mes de novembro.
En canto á formación en liña, destacamos que un dos cursos está destinado a traballadores autónomos; esta actuación enmárcase no obxectivo fixado na Axenda 20 para o Emprego de mellorar as cualificacións dos traballadores galegos para incrementar as súas oportunidades laborais, e encádrase tamén na Estratexia galega de seguridade e saúde no traballo, con 163 medidas para reducir a sinistralidade no traballo, e na Estratexia Autónomo 2020 coa que o Goberno galego prevé favorecer o labor dos traballadores por conta propia.
|
Tipo de formación |
Nome |
Lugar |
Datas |
Duración lectiva |
|
Presencial |
Curso de prevención de riscos laborais. Nivel básico |
Centro Issga de Ourense |
11 ao 15 de setembro |
35 horas |
|
Presencial |
Curso de prevención de riscos laborais. Nivel básico |
Centro Issga da Coruña |
2 ao 6 de outubro |
35 horas |
|
Presencial |
Curso de prevención de riscos laborais. Nivel básico |
Centro Issga de Lugo |
13 a 17 de novembro |
35 horas |
|
Presencial |
Curso de prevención de riscos laborais. Nivel básico |
Centro Issga de Pontevedra |
13 a 17 de novembro |
35 horas |
|
En liña |
Curso de prevención de riscos laborais en liña. Nivel básico |
Aula virtual |
26 de setembro a 23 de novembro |
60 horas |
|
En liña |
Curso de prevención de riscos laborais en liña para traballadores autónomos. Nivel básico |
Aula virtual |
17 de outubro a 23 de novembro |
35 horas
|
Xornadas técnicas
Estas actividades formativas están enfocadas ao coñecemento de aspectos puntuais ou novos relacionados coas distintas especialidades preventivas e nos diferentes sectores produtivos ou por riscos específicos, así como a presentación de nova documentación e resultados obtidos en proxectos de investigación aplicada ou estudos sectoriais.
O seu obxectivo é o de proporcionar formación de calidade encamiñada á mellora do nivel de coñecemento técnico en prevención de riscos laborais.
Das 14 xornadas técnicas programadas, 5 delas terán lugar en cada un dos meses de setembro e outubro e 4 en novembro. O Centro Issga da Coruña acollerá 5 delas, 2 os Centros ISSGA de Lugo e Ourense e 3 o de Pontevedra, mentres que as dúas restantes terán lugar no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Becerreá (Lugo) e no IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia (Ourense) co fin de achegar a formación a aquelas zonas que teñen unha especial vinculación co obxecto da respectiva xornada.
|
Nome |
Lugar |
Datas |
|
Presentación da Guía de vixilancia da saúde no sector pesqueiro |
Centro Issga da Coruña |
22 de setembro |
|
Presentación da campaña “Alerta ISSGA, pode haber amianto” |
Centro Issga da Coruña |
29 de setembro |
|
A xestión interdisciplinar da enfermidade profesional |
Centro Issga da Coruña |
18 de outubro |
|
Protección da maternidade no ámbito laboral |
Centro Issga da Coruña |
27 de outubro |
|
PRL no sector de transporte por estrada. Riscos específicos dos condutores profesionais |
Centro Issga da Coruña |
16 de novembro |
|
Risco de caídas de altura |
Centro Issga de Lugo |
27 de setembro |
|
Traballos saudables en cada idade. Idade e diversidade: impacto na xestión de PRL |
Centro Issga de Lugo |
19 de outubro |
|
Operacións de maior risco na actividade forestal: descrición, riscos e medidas preventivas |
CFEA de Becerreá |
30 de novembro |
|
Risco de caídas de altura |
Centro Issga de Ourense |
28 de setembro |
|
Protección da maternidade no ámbito laboral |
Centro Issga de Ourense |
26 de outubro |
|
Operacións de maior risco na actividade forestal: descrición, riscos e medidas preventivas |
IES Cidade de Antioquia de Xinzo de Limia |
23 de novembro |
|
Cumprimento normativo das persoas xurídicas en PRL. Responsabilidade penal |
Centro Issga de Pontevedra |
26 de setembro |
|
Traballos saudables en cada idade. Idade e diversidade: impacto na xestión de PRL |
Centro Issga de Pontevedra |
20 de outubro |
|
O cancro de orixe laboral |
Centro Issga de Pontevedra |
30 de novembro |
Para unha maior información e formalizar as inscricións relacionadas con estas actividades formativas pódese consultar o apartado de formación da nosa páxina web.
A Lei de prevención de riscos laborais establece a obriga de proporcionar aos traballadores a formación suficiente e axeitada sobre os riscos que afectan aos seus postos de traballo. Así mesmo, a lei encomenda ás administracións públicas o desenvolvemento de accións de formación, información e divulgación que contribúan, xunto aos empresarios e traballadores, ao logro dos obxectivos de mellora progresiva das condicións de traballo. Deste xeito, a formación constitúe unha das ferramentas máis axeitadas para implantar na sociedade unha auténtica cultura da prevención.