Mércores, Maio 27, 2026
O Xefe do Centro do Issga_Ourense participou no peche da xornada sobre Novas Tecnoloxías aplicadas a PRL que foi organizada por DIHGIGAL e a Mutua Asepeyo
Ourense, 27 de maio de 2026
Hoxe tivo lugar en Ourense, no edificio da Tecnópole, ubicado en San Cibrado das Viñas, unha xornada sobre “Novas Tecnoloxías Aplicadas a PRL”.
Os distintos relatorios que se desenvolveron ao longo da xornada permitiron coñecer diferentes experiencias levadas a cabo na aplicación práctica das novas tecnoloxías dirixidas a mellora da seguridade e a saúde dos traballadores en distintos sectores e actividades.
Os asistentes tamén tiveron acceso a probar diversos dispositivos de realidade virtual e simuladores, dirixidos a concienciar e formar aos traballadores en riscos específicos como incendios, atmosferas atex, condución e caídas de altura.
Na súa intervención o xefe do Centro do Issga sinalou que coa aplicación das novas tecnoloxías preséntanse novas oportunidades para as empresas que ao mesmo tempo implicar tamén novos riscos. O capital humano é o valor mais importante dunha empresa e polo tanto debemos asegurarnos de salvagardar a súa saúde e a súa seguridade tamén nestes novos escenarios.
Conscientes desta realidade, dende o Issga véñense levando a cabo Campañas como “PRL nos novos escenarios de traballo", cuxo obxectivo é dar a coñecer os novos riscos relacionados coa seguridade e a saúde laboral nestas novas situacións derivas das diferentes transicións nas que estamos inmersos (dixital, climática e demográfica) co obxectivo de mellorar a calidade da xestión preventiva para reducir a sinistralidade e acadar o benestar laboral.
O Issga tamén elaborou distintas publicacións relacionados con esta temática, como son:
-
Innovación en PRL: emprego de drons en actividades profesionais.
-
Guía de boas prácticas: PRL no uso de drons
ou ben:
-
Dixitalización do traballo. Traballos seguros e saudables na era dixital
Nesta última publicación abórdanse os riscos emerxentes asociados ás tecnoloxías dixitais no lugar de traballo e as medidas preventivas para garantir contornas laborais máis seguras e saudables.