Novas

Xoves, Xuño 03, 2010

O subdirector xeral Técnico e de Planificación do ISSGA participa en Santiago no Forum de Gabinetes Técnicos de PRL das Organizacións Empresariais.

O subdirector xeral Técnico e de Planificación do ISSGA, José Rega Piñeiro, participará no Forum de Gabinetes Técnicos de Prevención de Riscos Laborais das Organizacións Empresariais que organiza a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) os días 3 e 4 de xuño na súa sede en Santiago de Compostela.

O Forum, financiado pola Fundación para a Prevención de Riscos Laborais, constituirá un foro de debate e diálogo sobre o futuro da prevención e nel participarán diversas organizacións nacionais e da administración laboral de Galicia.

O subdirector xeral Técnico e de Planificación do ISSGA, José Rega Piñeiro, ofrecerá o día 3 un relatorio sobre as actuacións máis relevantes do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

As sesións abordarán tamén temas como a prevención de riscos laborais en períodos de crise, o papel dos técnicos dos gabinetes de prevención de riscos laborais, as medidas de prevención no sector percebeiro ou as novidades no xestor de accións da Fundación para a Prevención de Riscos Laborais.